OS MELLORES DE…


É un espazo dentro das Bibliotecas Municipais de A Coruña no que desenvolvemos diferentes mostras temáticas, con vontade de resaltar contidos que consideramos de interese durante un tempo determinado.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: UN POUCO DE HISTORIA...


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega - Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego - presentaron nesta Institución unha proposta histórica: que se declarase o 17 de Maio de cada ano "Días das Letras Galegas" como data para recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Ese ano celebrábase o centenario da publicación dos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, e se considerou que o libro rosaliano "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea". Propúxose o 17 de Maio ao descoñecerse a data de publicación do libro, por ser nesa data cando Rosalía llo adicou ao tamén poeta, Fernán Caballero. Dende entón, cada ano homenaxéase a un persoeiro, elexido pola Real Academia da Lingua, que destaque na súa producción litteraria en lingua galega o na defensa da nosa lingua, tendo sempre en conta que se esixen polo menos dez anos desde o seu falecemento.




13957693208_fa682acec8_z.jpg